Tuesday 07 de May de 2024

O Camiño Holandés-EuroVelo 3 estará sinalizado no seu último tramo ao seu paso por Touro antes de que remate 2019


 

O Concello de Touro acolleu hoxe as I Xornadas Camiño Holandés-EuroVelo 3 na Casa da Cultura, onde o responsable da Oficina Técnica da EuroVelo para Turismo de Galicia apuntou que “o próximo ano 2020 servirá para dar a coñecer o producto no mundo con accións de promoción”

O Camiño Holandés-EuroVelo 3, que fundamentalmente discorre polo Concello de Touro para entrar en Compostela a través do Concello de Boqueixón, estará sinalizadono seu último antes de que finalice 2019. Así o destacou hoxe o responsable da Oficina Técnica da EuroVelo para Turismo de Galicia, Guti Martín Hermida. “A sinalización do EuroVelo 3 ten que estar instalada antes de final de ano; estamos empezando os traballos para que este camiño conte xa coa súa sinalización e para que o próximo 2020 sexa un ano para dar a coñecer ao mundo este producto con accións de promoción a través de Turismo de Galicia”, apuntou o técnico, quen engadiu que o obxectivo é que “a ruta EuroVelo sexa xa unha realidade”.

O Concello de Touro organizou e celebrou hoxe na súa Casa da Cultura as I Xornadas do Camiño Holandés-EuroVelo 3, un roteiro de longa distancia baseado no Camiño Xacobeo e nos lugares declarados Patrimonio da Humanidade, unindo Trondhein (Noruega) con Santiago de Compostela. Trátase dunha opción ciclista diferente ao Camiño Francés e nos últimos quilómetros antes da chegada a Compostela discorre polo Concello de Touro. Tradicionalmente é utilizado por cliclistas que peregrinan procedentes do Centro e Norte de Europa.

O responsable da Oficina Técnica da EuroVelo para Turismo de Galicia confía en que a ruta esté a pleno rendemento no 2020 “para que poida ser utilizada polo sector do cicloturismo”. E o Xacobeo 2021? Neste senso, deixou claro que este proxecto “non debe verse como un camiño alternativo” á ruta tradicional do Camiño de Santiago e sí “como un percorrido para cicloturistas”. Na súa opinión, é unha ruta que “ten que funcionar no 2020, no 2021, no 2022 e no 2030”. Guti Martín Hermida sinalou que o Camiño Holandés-EuroVelo 3 “é un producto que está orientado a ter unha supervivencia máis alá de 2021, que non dependa tanto do próximo Ano Xacobeo”. Explicou que a rota fuxirá da “estacionalidade” e tratarase de presentala ao mundo como un Camiño “dirixido ao mercado cicloturista para que os peregrinos en bicicleta que queren chegar a Santiago tamén coñezan Galicia”.

Pola súa banda, a responsable de oficina de Incomingno Camiño en Sarria (Tee-Travel), María Núñez Pertejo, manifestou a importancia de contar con rutas como Camiño do Holandés-EuroVelo. “Estamos aquí para coñecer este proxecto, para saber o que se fai e para dar a coñecelo aos nosos clientes”. Tee-Travel é unha axencia maiorista e minorista especializada no Camiño de Santiago. María Núñez Pertejo destacou que a peregrinaxe en bicicleta a Compostela está medrando e tamén especializándose. “Son opcións que ofrecemos aos nosos clientes e os clientes son os que deciden”

As I Xornadas do Camiño Holandés-EuroVelo 3 comenzaron hoxe ás 10.00 horas. A encargada de inaguralas foi Adela Iglesias, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Touro. A primeira mesa comenzou ás 10.30 horas baixo o título de O Camiño de Santiago e o desenvolvemento rural. Participaron María Fernández, do GDR Ulla-Tambre-Mandeo; María Traveso, do GDR Terras de Compostela; Fernando Mújico, coordinador das Oficinas de Información Turística de Santiago; e Estella Freire, do Proxeccto Contramapas do Camiño da Universidade de Santiago de Compostela.

A segunda mesa desenvolveuse baixo o título: EuroVelo: outras modalidades de Turismo. Os seus participantes foron Guti Martín Hermida, responsable da Oficina Técnica da Eurovelo para Turismo Galicia; María Núñez Pertejo, responsable da Oficina de Inconing en Sarria de Tee Travel, e de nvo Fernando Mújico. Pechou as xornadas o alcade de Touro, Ignacio Codesido.